O mundo de Pinocho enchése de música e maxia

EducaTeatro presenta en hoxe Cangas unha adaptación desta historia

27.12.2016 | 02:56
Unha escena da obra que se representa hoxe no Auditorio de Cangas. // EducaTeatro

EducaTeatro Producións retorna hoxe a Cangas cun novo conto clásico aproveitando as festas do Nadal. Xa estivo hai dous anos con "Carapuchiña vermella" e o ano pasado con "Os tres porquiños". Desta vez é o turno para a historia de Pinocho, unha montaxe chea de maxia e música na que será precisa a colaboración dos rapaces para chegar a un final feliz.

"O mundo máxico de Pinocho" é a nova montaxe de EducaTeatro Producións, que se representa esta tarde no Auditorio de Cangas ás 18.00 horas dentro da programación de Nadal. Nesta ocasión a historia da marioneta construida polo vello carpinteiro Geppetto cóntase a través dunha adaptación do teatro musical e vista ao través dos ollos de Pepiño Grilo. Esta entrañable personaxe, a Fada Mimadriña, Raposo e Gato acompañarán a Pinocho no camiño para converterse nun neno de verdade, un camiño que incluirá o taller de Geppetto, a escola, un circo de monicreques onde un titiriteiro con moi malas intencións tentará raptalo e ata a barriga dun gran peixe. "Todo para que Pinocho aprenda que dicir mentiras ten as súas consecuencias", explican desde EducaTeatro.

O aspecto educativo é unha das características do teatro desta compañía. A outra é que busca a interacción co público, unha interacción que neste caso será máis necesaria ca nunca para que a historia teña un final feliz. Os asistentes recibirán un marcapáxinas con forma de variña máxica para axudar a Fada Mimadriña nos seus trucos. Ao remate da obra todos os que o desexen poderán facerse fotos de xeito gratuíto cos protagonistas da obra.

As entradas anticipadas están a venda a través da web de ataquilla.com a un prezo de 8 euros (máis gastos de xestión). As últimas entradas -no caso de que non se esgoten previamente- venderanse na taquilla do Auditorio hoxe mesmo a un prezo de 10 euros.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Deportes Morrazo

Mauro celebrando el primer gol de los que anotó el Alondras este domingo. // Santos Álvarez
Humildad tras la merecida goleada

Humildad tras la merecida goleada

Antonio Fernández pide a sus jugadores tener "los pies en el suelo" tras debutar con un 6-1 al Noia

Pablo Cabello y Javier Lago se imponen en clase Vaurien en Cangas

Pablo Cabello y Javier Lago se imponen en clase Vaurien en Cangas

Martín Wizner y Pedro Ameneiro ganan en clase 420

El Lalinense pasa a cuartos

El Lalinense pasa a cuartos

Vence al Luceros en un choque decidido en la prórroga ä Arón anotó 14 goles

Tirán pincha en las olas de Zarautz

Tirán pincha en las olas de Zarautz

La embarcación de Moaña reacciona en el último largo pero no evita el penúltimo puesto

La salvación como objetivo tras cambiar casi toda la plantilla

La salvación como objetivo tras cambiar casi toda la plantilla

El Moaña de Miguel Fernández se presenta ante su afición - Solo repiten 5 jugadores

El Defensores mide sus fuerzas al CB Porriño

El Defensores mide sus fuerzas al CB Porriño

El club organiza el viernes el cuarto torneo Basket na Rúa 3x3, en la alameda

 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Suscriptor | O Morrazo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales
Enlaces recomendados: Premios Cine