| O salón de plenos de Moaña tivo onte unha grande entrada para asistir á palestra "Memoria e dignidade. Sacando á luz a represión franquista en Moaña e o Morrazo". Organizado polo Ateneo de Moaña, interviu Pepe Álvarez, autor do libro Pontevedra nos anos do medo. Tamén falaron o escritor Luís Chapela, o edil Salva Meira e a alcaldesa, Leticia Santos.