| As persoas que desexen facer aportacións ou suxerencias a esta nova serie poden escribir ao correo cronicateatromorrazo@hotmail.com

A Asociación Liboreirode Bueu dinamizou as súas actividades culturais, entre elas a teatral. Trouxo ao grupo de teatro "Candea", de Noia, que representou na Lonxa de Bueu unha obra sobre a emigración que titulábase "Metá e metá".A representación comezaba deste xeito:

ROSA.- Collestes os panos da man?

ANDRÉS.- Collín, muller collín. Deixa agora iso. Atópaste ben? Vas ser valente como me dixestes? Non vas chorar?

ROSA.- Non...non...comerás o bocadillo no avión. Non te fíes da comida que che dan. Disque é moi mala.

ANDRÉS.- Pero, Rosa, se dentro de tres horas estou alá...

ROSA.- Xa sei, xa sei. pero ti es moi comedor.

ANDRÉS.- Que saberás ti se hai quince días que casamos!

ROSA.- Si, hai quince días, non hai dereito...(chora).

ANDRÉS.- Iso non....lembra o que me prometestes...

ROSA.- Perdoa...pero se o banco che prestase os cartos para o tractor, non terías que marchar...

ANDRÉS.- Xa sabes como son os bancos. Déixanlle os cartos a quen xa os ten. Anda, non fales diso,esgota. Escribirasme.

ROSA.- Todos os días! E ti tamén.