O IES A Paralaia acolle dende mañá e ao longo de toda a semana unha exposición titulada "Historia da lingua e dereitos lingüísticos", do director Xan Leira. Se compón de 14 paneis que recorre, entre outros aspectos, a historia do idioma propio de Galicia.

A semana inclúe a proxección do documental "Crónicas da represión", do propio Leira na que se narran situacións de represión dos falantes de galego durante o franquismo. Na vindeira semana a exposición se traslada ao IES As Barxas.