O Deputado provincial Xosé Leal aproveitou a presentación do programa "Rechouchíos" para facer entrega á alcaldesa e ao edil de Cultura, Salvador Meira, de tres lotes de libros editados polo propio organismo provincial ao longo dos últimos anos. Os 30 libros inclúen dende banda deseñada e poesía, ata un percorrido pola vida de Castelao.

Se trasladarán á biblioteca municipal de Quintela e ás axencias de Tirán e de Domaio.

Dende o Concello, destacaron apoio das veciñas María Faltri e Iria Piñeiro no deseño desta programación infantil. A administración destina máis de 6.500 euros a brindar actividades culturais aos pequenos da vila mentres agardan pola chegada do desexado Nadal.