Finou Lola. Na exposición e libro "Rostros da memoria", Xurxo Lobato, recordaba Dolores Rodal Blanco "Lola" así: " Nacida en Cangas do Morrazo, 1920. Membro dunha familia de activos sindicalistas. Seu pai, José Rodal Lanzós, que pertencía ao sindicato Alianza Mariñeir da CNT, fora detido xa en 1934 e, en xullo de 1936, foi encadeado. Súa nai, Dolores Blanco Montes era unha redeira que xa estivera presa durante a ditadura de Primo de Rivera e que foi detida en 1936. Un irmán seu, Ángel Rodal Blanco foi asasinado, e outro, Jose Rodal Blanco, estivo exiliado ata 1975".

Cómpre lembrar os versos de Claudio Rodríguez Fer no seu poema "Ámote vermella":

".... Contra o exterminio atroz

das súas vidas desfeitas

e contra o esquencemento inxusto

do silencio cómplice

queremos manter viva para sempre

a memoria galega

das vítimas do fascismo,

en solidariedade

con todas as comunidades do mundo

que padecesen calquera ditadura do terror

Porque como aquelas vítimas

queremos liberdade para sempre,

Porque por aquelas vítimas

para sempre queremos xustiza

Porque a realidade é o desexo

PAZ PARA SEMPRE".

Finou Lola. Digna. Resistente. Exemplo de compromiso e loita contra o esquecemento e a impunidade. Muller luminosa... sempre con nós!

*En nome da Asociación Cultural Memoria Histórica 28 de Agosto