In memoriam // gonzalo riobó

Un home da cultura

28.10.2016 | 02:49
Gonzalo Riobó, Xan López Facal, Camilo Nogueira e Paco Juncal nunha conferencia no Ateneo de Moaña. Comezos dos anos 70. . // Arquivo Asociación Cultural Nós

Onte recibimos a noticia da súa morte. Aínda hai poucos días que conversabamos no hospital do "divino e do humano" coma outras tantas veces.

Cando chegamos a Moaña a comezos dos anos 70 foi unha das primeiras persoas que coñecemos. Un home da cultura, un galeguista histórico, podemos dicir, un promotor do deporte e animador de mil actividades culturais. El fora presidente do Ateneo de Moaña, unha asociación cultural moi activa na década dos anos 60 e 70 do século pasado. ¡Como pasa o tempo! Unha presidencia, a do Ateneo, que me pasou a min ao pouco tempo e na que desenvolvemos unha actividade seguindo a súa liña de traballo. Lembro unha reunión accidental en Pontecesures con Pío Cabanillas, daquela ministro de Franco. Falamos da xuventude, da cultura, da autonomía de Galicia e de algo máis que non vén a conto. Don Pío estivo encantado de falar con nós porque lle explicamos que o seu tío, o poeta Ramón Cabanillas, fora secretario no concello de Moaña e era un escritor que nós admirabamos. Alí estaba Gonzalo, Luis e máis eu como representantes do Ateneo.

Un ano máis tarde, xunto con outras asociacións culturais de Galicia, reivindicamos xuntos un Día das Letras Galegas para Ramón Cabanillas que a Real Academia Galega acordou dedicar ao ano seguinte. Gonzalo quixo editar dunha maneira anónima un caderno coa poesía do poeta e repartímolo no Ateneo. Ninguén soubo nunca a verdadeira historia.

Cada 25 de xullo ou nas festas do Carme, había poucas bandeiras galegas nas fiestras de Moaña pero a súa nunca faltaba. Defendeu a nosa cultura e o noso idioma desde sempre. Para min foi un mestre como tamén para moitos alumnos que pasaron pola súa academia da Seara.

Anos máis tarde formamos uns equipos de fútbol de praias e de futbito afeccionado e el patrocinaba ao equipo de Recambios Riobó, ademais de colaborar na organización daqueles eventos deportivos. Eu tiven a honra de participar nun daqueles equipos.

Hai pouco tempo formou parte do G-9, un grupo de moañesas e moañeses, que quixeron propoñerme ao concello para que me nomearan Fillo Adoptivo de Moaña. El leu un breve discurso no pleno do concello que me emocionou.

Desde a pouca distancia que nos separa no día de hoxe, non é máis que o ancho da ría, quero agradecerche no nome de moitos moañeses e moañesas de ben o teu labor e o teu amor pola nosa lingua, pola nosa cultura e tamén a túa amizade.

Unha aperta para a túa familia.

*Expresidente do Ateneo e Fillo Adoptivo de Moaña

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
Vinos de Galicia

Deportes Morrazo

Los jugadores del Beluso celebran un gol, ayer en Laxes. // G.N.
El Beluso vuelve a ganar

El Beluso vuelve a ganar

El líder se repuso de la derrota de la anterior jornada, la primera en toda la temporada, y venció...

El Cruceiro anula al Sampayo y suma tres puntos sin pasar apuros

El Cruceiro anula al Sampayo y suma tres puntos sin pasar apuros

Bruno, al empezar, y Manute, en el segundo tiempo, anotaron los goles

El Alondras acusa las bajas y cae frente al Deportivo B

El Alondras acusa las bajas y cae frente al Deportivo B

Galán y Pinchi anotaron los tantos del filial coruñés - Los cangueses solo han ganado uno de sus...

El Cangas deja escapar a un rival directo

El Cangas deja escapar a un rival directo

El Frigoríficos desaprovecha la ocasión de cazar al Sinfín y pierde en su visita a Santander

El Moaña quiere seguir su racha ante el colista

El Moaña quiere seguir su racha ante el colista

Acumula 10 jornadas sin perder y esta tarde recibe a un Verín con solo 9 puntos

El Servi-Auto Bueu, incapaz de frenar la racha del Embutidos Lalinense

El Servi-Auto Bueu, incapaz de frenar la racha del Embutidos Lalinense

Dos parciales de 0-5 y 0-4 en cada tiempo fulminaron a los locales

 
Enlaces recomendados: Premios Cine