A programación de "Cinemas ocultos" continúa hoxe coa proxección da película brasileira "A primeira vista". O seu director, Daniel Ribeiro, conta a historia dun mozo cego que buscará a súa propia independencia persoal. A película poderase ver dende as nove da noite no Auditorio municipal. Mañá, á mesma hora, visualizarase a cinta mexicana "A gaiola de ouro". A programación desta iniciativa, organizada por Cine Club Cangas, continúa ata o día 8 de outubro.