Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Xosé Vázquez Pintor: "Levamos a riqueza da terra e da lingua, herdanza que vai por dentro "

O escritor presenta hoxe ás 20.30 horas a obra "Bicos" na Casa da Mangallona

Vázquez Pintor, onte no reloxo da Alameda de Cangas. // Gonzalo N.

Natural de Melide (1946) pero cangués de adopción, o escritor Xosé Vázquez Pintor acaba de publicar o seu último libro de poemas titulado "Bicos". Unha obra dedicada os seus dous soles e netos Brais e Alan. Soñou que eles apareceran como tamén soña recuperar as vellas palabras mariñeiras e labregas que se falaban en Galicia, as mesmas que aparecen nesta entrevista. Verbas para transmitir o recordo de cal é a identidade do pobo galego e a herdanza da súa tradición. Hoxe, ás oito e media da tarde na Casa Museo A Mangallona de Coiro, presenta, rodeado de amigos, a súa nova obra.

- Facendo referencia ó título do seu novo traballo, a quen dirixe os "Bicos" do seu último libro?

-A Brais e Alan, dous netiños xemelgos que soñamos e xa son tamén aquí felices coma dous soles.

-Cal é a temática na que se centra este libro?

- O clamor da nosa lingua en permanencia.E de axiña a fermosura da vida en xogo e lucerías de cariño de palabras. Eu, agora de avó, lembro en horas ben garridas aqueles tantos bicos nos lugares da Terra do Medio: Melide, Agolada, o Deza..., nos colos de nai e pai. En agarimos.

-Que é o que lle inspira da Galicia do interior ie da súa natureza?

-Inspírame de volta aquela tanta luz da Praza do Convento de Melide, cando eu tiña os catro anos e ía a cabalgar nas albardas e nas "sillas" de montura; na tenda da señora Anuncia, a "guarnicionera": o meu xogo feliz que axiña repetín nas albardas da casiña labrega de Quián (Agolada) onde todo era realmente máxico na paisaxe da aldea labrega. E aquí e aló os tantos agarimos dos meus pais e dos meus tíos.

-Significa moito para vostede esta terra?

- Moitísimo! Lévoa comigo ata o remate do solpor a memoria da infancia e xuventude: cerna de palabra e natureza. Sol e augas: río e fontes que non cesan. Naquel Pepiño de Melide, de Agolada e de Quián; agora de Cangas, O Morrazo,a vida que non cesa.

- Como é o pobo galego para vostede?

- Sabio, no profundo de cadaquén. Levamos a riqueza da terra e da lingua. Herdanza que todo vai por dentro, no profundo. E aínda aqueles que a negan de acotío con posturas e fonéticas alleas padecen de por dentro a falsedade de si mesmos. Velaí o engano de si mesmos. Na vellice sempre canta aquela voz do cuco en cada primavera que resolve o panorama da renuncia: terra e mar en vidas.Nós.

-Hai poesía na súa forma de ser?

-Paseniño e solidario.Sempre o soñei de seu autente...mais os anos, en veces, detestan a traizón e velaí as sombras que a todas e todos nos mancan e nos doen. As raíces a soberbia e desperdicio. Mais, aínda, somos luz, cariño, lealdade...a nosa tanta vida.

-Ademais deste xénero, tamén escribiu obras en ensaio e en narrativa. Cal diría que é o motivo central da súa obra?

-A ledicia en pleno cando sentes o clamor da terra que non silencia os desvaríos. Sempre comigo esas luciñas de voces que son colos e sorrisos. Autentes. Paraíso tamén fulgor, que é Galiza.

- Está a vila de Cangas presente nela?

-Cangas e O Morrazo en si son paraíso de natureza en tempo,desbordada vai a prol da Terramar autente.Un agarimo.Velaí que máis de corenta anos son meus e nosos, de convivir. Un mundo de riquezas e agarimos.

Compartir el artículo

stats