Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Carlos Núñez: "Cando tocas nun lugar antigo, as pedras devólvenche as emocións que gardan"

A igrexa de San Martiño de Bueu acolle esta noite dous concertos para revolucionar o folk

Carlos Núñez tocando a gaita nunha imaxe tomada nun dos seus últimos concertos por Europa.

A experiencia que vivirán os asistentes ao dobre concerto que Carlos Núñez dará esta noite en Bueu, 21.30 e 23.15 horas, será, como a define o propio artista ,onírica. A actuación, na igrexa de San Martiño, é unha proposta que pretende mudar os grandes festivais por iniciativas nas que o entorno consegue situar ao folk no seu propio berce. O gaiteiro galego máis internacional, que vén de actuar por toda Europa, estará acompañado polo seu irmán, Xurxo Núñez, e polos músicos Pancho Álvarez e Jon Pilatzke.

-Por que elixiu unha igrexa para facer o concerto de Bueu?

-Cando tocas nun lugar tan antigo, as pedras devólvenche parte das emocións que teñen gardadas. O lugar que escolles forma parte da túa música porque tamén acaba transmitindo cousas. Estas iniciativas innovadoras, que apostan por lugares orixinais, son importantes. Eu estou disposto a premiar aos concellos que propoñan cousas como estas. Os grandes festivais celtas xa o están a facer.

-Sorprendeulle que se venderan as entradas tan rápido e lle pediran un segundo concerto?

-Foi fantástico. Sumando os dous concertos, a igrexa na que actuamos ten unha capacidade similar ao teatro García Barbón de Vigo. Isto é a proba de que o que imos facer, esta nova idea, funciona. Animo a xente a que faga estas iniciativas que conseguen promover non só a música, senón tamén o turismo. En cada pequena vila hai que ter vida e facer cousas que teñan personalidade.

-Houbo un grupo político de Bueu que criticou que se fixera o concerto nunha igrexa, que opinión lle merece?

-En Galicia e en toda España, temos un patrimonio fantástico co que se poderían facer moitas cousas. Noutros países, como Alemaña, facemos concertos en catedrais ou en igrexas. Nos descansos incluso véndense cousas dentro dos santuarios, pero non son horas de culto así que non hai problema. Isto é unha forma de revalorizar estes lugares e darlles vida.

-Como foi a xira europea que fixo nestes últimos meses?

-Foi moi ben. Aínda que actúe en Australia ou en Xapón, sempre consigo conectar coa mensaxe que transmite a música galega. Nós estamos de xira todo o ano e, nestes últimos meses, estivemos por Europa. É fascinante os contrastes que hai cando tocas en diferentes sitios. O noso último concerto foi en Suiza, no Paléo Festival de Nyon, e tocamos despois do grupo Iron Maiden.

-Despois de tantos anos dedicándose a isto, como mantén a ilusión?

-Empecei con oito anos, pero cando subo ó escenario aínda teño a sensación de que estou a comezar de novo. Gracias a isto manteño a ilusión por seguir tocando, a pesar do ritmo esgotador ao que estou exposto. Fago uns 100 concertos cada ano, pero non me importa. Cando era un rapaz soñaba con dedicarme a isto.

-Por que triunfou a súa música?

-A música tradicional é unha ambición persoal. Penso que é algo máis que un tipo de música estándar, ten detrás unha cultura e a todo un país. Iso é algo que a xente percibe en todo o mundo. Transmitilo é o fai que a xente entenda o que o lle queres contar coa túa música.

-Hoxe en día, é difícil que outros artistas ábranse camiño coa música celta?

-Eu quero animar a tódolos mozos que queren empezar nisto. O fago porque sei que é posible conseguir o soño de vivir da música. O que fai falla é cambiar o modo no que se organiza este mundo. Mesmo coa crise económica, os concellos seguiron facendo concertos gratuítos cando xa non estaba nas súas posibilidades. Para que haxa futuro, hai que iniciar sistemas como o que imos a facer en Bueu. Propostas nas que o propio concello recupera a inversión coas entradas. Pagar é valorar o traballo que facemos.

-A música celta une culturas como a irlandesa, a escocesa ou a galega?

-Sempre foi así. Dende hai séculos a música celta nutriuse do imaxinario común que hai entre as nacións atlánticas. A música é, ademais, o que mellor nos conecta ao mundo sen renunciar ao que somos.

-Os que teñan unha entrada para a igrexa de Bueu, a que Carlos Núñez van a atopar?

-Vai a ser un percorrido por todo tipo de experiencias: bandas sonoras de películas nas que participei, músicas galegas ou melodías que están preto da música clásica. Comigo estarán Xurxo Núñez, que é o meu irmán, e os músicos Pancho Álvarez e Jon Pilatzke.

Compartir el artículo

stats