Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Rodrigo Romaní: "As escolas galegas de folk están cheas, non atenden toda a demanda"

Son de Seu, primeira orquestra folk de Galicia, actúa hoxe no Intercéltico

Rodrigo Romaní, arriba á esquerda, tocando con Son de Seu. // FdV

Natural de Noia, Rodrigo Romaní (1957) foi un dos encargados de facer realidade o proxecto de crear a primeira orquestra folk de Galicia. Agora a dirixe baixo o nome de Son de Seu. É, ademais, profesor de música na Escola de Artes e Oficios de Vigo e estivo durante 22 anos formando parte da banda Milladoiro. Son de Seu actúa hoxe, antes que os irlandeses Dubhlinn, ás 22.30 horas no palco de música da alameda. Eles serán, xunto a Xarabal, os principais representantes da música tradicional galega no Festival Intercéltico do Morrazo.

-Son de Seu foi a primeira orquestra Folk de Galicia, foi fácil conseguilo?

-A formación de Son de Seu fíxose no 2000. Tiñamos un conxunto instrumental con artistas de música tradicional de todo tipo, pero facer unha orquestra non encaixaba neste mundo. Tivemos que adaptar temas tradicionais, orquestralos e tamén tentamos crear composicións modernas. Penso que conseguimos ter un conxunto instrumental orixinal.

-Este proxecto é unha forma de apoiar a música tradicional galega?

-É máis ben froito da xente que apoia este tipo de música e que, ademais, quere facer algo totalmente diferente ao que se soe facer na música tradicional galega.

-En que situación se atopa o folk galego?

-Estivo de moda como música escénica a finais do século pasado e principios deste. O que hai agora é unha mudanza nos gustos do público. O que piden a día de hoxe é participar. Non hai unha decadencia da música folk, as escolas están cheas e non poden atender toda a demanda.

-Ten mellor cartel o Intercéltco que noutros anos?

-Hai que destacar o feito de que veña xente de fóra, pero non hai que esquecer a formacións galegas como Xarabal que tamén son dun altísimo nivel.

Compartir el artículo

stats