Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Henrique Prado conquista "El Valle de los Sueños"

O escultor de Coiro logra a medalla de ouro na VI Bienal de Escultura de Puebla de la Sierra, en Madrid

Henrique Prado conquista "El Valle de los Sueños"

A localidade madrileña de Puebla de la Sierra e o escultor de Coiro Henrique Prado manteñen un especial idilio grazas á Bienal de Arte "El Valle de los Sueños". O artista cangués vén de ser premiado por segunda vez neste certame, onde incluso recibiu as felicitacións dun dos grandes nomes da arte española: o pintor hiperrealista Antonio López, que foi o encargado de pintar o cadro da Familia Real Española.

Esta bienal artística acadou neste ano 2016 a súa sexta edición e o xurado optou por premiar a Henrique Prado Miranda coa Medalla de Ouro pola súa obra "Burka". Un recoñecemento que vai un paso máis aló do premio da anterior edición, na que o artista do Morrazo foi galardonado coa Medalla de Prata.

Nesta ocasión presentou unha obra chamada "Burka", feita a base de plástico reforzado con vidro e pigmentos, cunhas dimensións de 107x37x47. Esta nova peza de Henrique Prado causou unha gran impresión no público asistente á bienal de Puebla de la Sierra, aos artistas alí presentes e demais autoridades. Unas louvanzas que superaron aos comentarios positivos da anterior obra que presentara Prado, que se chamaba "Post hominium memoriam", que se traduce do latín ao galego como "Dende que o mundo é mundo" e que recibiu a medalla de prata en 2014.

O artista cangués confesa que na localidade madrileña recibiu un trato mo cálido por parte dos demais artistas e autoridades, especialmente por parte do responsable da Consejería de Educación e Cultura da Comunidad de Madrid, Rafael Van Grieken, e do pintor Antonio López.

A programación da bienal incluiu un percorrido de 1,3 quilómetros polo val, durante cal houbo bailes e cantigas rexionais antes de proceder a entrega dos diplomas e premios da sexta edición de "El Valle de los Sueños".

Irmandade

O remate foi unha comida de irmandade entre todos os presentes, un acto no que tamén se aproveitou para facer a presentación dun libro de contos para nenos e maiores e que están baseados no val. O broche final fou unha recitación de poemas musicados nunha fraga do entorno.

Compartir el artículo

stats