A entrada na antiga CEE, o referéndum da OTAN e o accidente do Challenger

16.07.2016 | 02:52
La explosión del "Challenger", en enero de 1986.//EFE

O 1986 foi un deses anos que ben se poden considerar históricos. Un ano que comezou cunhas imaxes que moitos aínda teñen gravadas na retina, coa explosión o 28 de xaneiro do transbordador espacial "Challenger", que estoupou e se desintegrou no aire xusto 73 segundos despois de ter despegado do Centro Espacial Kennedy, morrendo os seus sete tripulantes.

Ese 1986 tamén foi un ano dobremente histórico para España. O 1 de xaneiro entrou oficialmente, xunto con Portugal, na entón Comunidade Económica Europea (CEE). Tamén foi o ano no que o pobo español puido pronunciarse sobre o papel de España na OTAN. De aquel "de entrada no" que defendía o goberno de Felipe González pasouse a unha defensa de permanencia na alianza atlántica, que gañou cun 56% dos votos. E como non, o Mundial de México 86, coa "man de Deus" de Maradona e os catro goles Butragueño a Dinamarca.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine