Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Fran Núñez: "Un dos eixos do espectáculo e que se somos galegos e por obra e gracia da lingua"

Fran Núñez e Brais Iriarte poñen en escena "A lingua na boca" con anécdotas de Castelao

Fran Núñez. ó fondo, nunha representación da obra con Brais Iriarte.

É un espectáculo cómico, poético e musical sobre a lingua galega e sobre Castelao, na conmemoración do ano do galeguista e escritor. Sobre o escenario da Praza do Costal (22.30 horas) dous actoresFran Núñez, director; e Brais Iriarte, darán vida hoxe ó espectáculo " A lingua na boca" que narra relatos e anécdotas de Castelao, nun espazo escénico de chan verde, cunha escaleira de madeira, un paraguas, cadeiras e libros e música ao vivo de temas tradicionais pasados pola criba do jazz con guitarra, contrabaixo, melódica, zanfona e flauta.

-Como naceu "A lingua na boca"?

-Creamos o espectáculo específicamente para a Diputación dentro das actividaes conmemorativas do Ano Castelao.Lanzaron unha proposta aberta a todas as compañías de Pontevedra e candidatamos con "A lingua na boca". A idea é facer unha xira por todos os concellos da provincia que xa ten data, dende o 1 de xulio ata o 3 de setembro.

-É un espectáculo de rúa?

-É un espectáculo que se pode facer na rúa, pero non e de rúa. Non utilizamos linguaxe escénica propiamente de rúa, pero sí se pode facer na rúa e, de feito, os bolos que levamos os fixemos na rúa e a maioría serán na rúa e en espazos singulares. A proposta que se fai aos concellos e que busquen un espazo singular, ligado ó patrimonio ou a súa historia.

-De feito en Cangas farase na praza do Costal.

-Sí.É unha praza bonita na que sempre se fixeron espectáculos e creo que vai quedar moi ben, é unha praza con historia a que lle cae ben o espectáculo.

-É para todo tipo de público?

-Os adultos van a tirar máis proveito do contido aínda que non hai nada que impida que un neno poida achegarse. Evidentemente o contido, a temática e a forma de achegarse a obra de Castelao a nivel das historias, contos e relatos non é creado con vista a nenos.

-Ten un contido crítico de reflexión sobre a lingua?

-En orixe non é crítico. Collemos a visión que ten Castelao e reflicte na súa obra, que unha das nosas linguas é o galego, e que si somos galegos e por obra e gracia da lingua; o dixo Castelao. Esta frase é un dos eixos. Por outro lado tratamos a figura de Castelao como persoa ligada o seu tempo e ligada o que acontecía coas persoas do seu tempo. Unha persona que foi médico rural e traballar nun departamento de estadística oblígache ao mínimo que teñas un pouco de humanidade a ver que a xente non vivía ben e que a cousa estaba moi compricada. De ahí ven o seus compromiso coa xente, coa política...ven dunha cuestión moi humana. Y en eso facemos tamén fincapé no espectáculo.

-A lingua segue unindo?

-Veño condicionado doutros concellos nos que se me comentou que era un problema facer o espectáculo en galego polo feito de haber turistas e por respeto a eles. Pero se fixo sen problema ningún. había unha porcentaxe alta de turistas e non puxeron problema. Esto non é ruso comunista.

Compartir el artículo

stats