Acababa de cumprir 60 anos, os últimos lastrado por unha enfermidade que finalmente gañoulle a batalla o martes pola tarde nun hospital de Vigo, segundo comunicaron algúns achegados. Ramón Rocamonde Gómez, "Roca" como era máis coñecido entre a comunidade educativa, foi mestre e director do instituto María Soliño, donde outros profesores e alumnos gardan especial cariño do seu labor profesional e talante humano. Moitos deles pasaron onte pola sala número 1 do tanatorio de Cangas, donde permaneceu o seu cadáver desde as dez da mañá ata a noite e desde donde sairá hoxe ás 9.30 horas cara ao crematorio Vigomemorial para ser incinerado na intimidade familiar.

Ademais do seu traballo docente, Rocamonde deixa varias obras publicadas, nalgúns casos con outros autores e sempre co idiona galego como punto de referencia. Son os casos de Urbi et orbe. Desde o galego para o mundo, que recopila textos galegos traducidos a múltiples idiomas, ou Unha maré de palabras, un achegamento ao léxico do Morrazo, que tanta riqueza amosa. Tamén asinou libros de Lingua Galega e Literatura para varios cursos de bacharelato ou un Diccionario da Lingua Galega, entre outros.