Manuel Uxío García será o pregoeiro da I Feira Medieval de San Martiño "Moaña Antiqua" que comeza este venres e prolóngase sábado e domingo. Hai traxes en aluguer en Kopiak. O pregón será o venres as 11.00 horas coa apertura do mercado con máis dun centenar de postos e o inicio dunha programación que inclúe obradoiros infantis as 12.00 e as 17.00(heráldica, pintura, tocados, cascos...), para adultos (esgrima) as 13.30, animación musical con bailarina, de teatro, de malabares, percorrido de cabaleiros templarios por todo o centro de Moaña con loitas na rúa as 17.00 horas para anunciar o espectáculo que realizarán as 20.00 no recinto da festa. Haberá contacontos as 18.00; exhibición de cetrería as 19.00 horas; combates medievais levados a a cabo por personal especialista de hípica celta as 20.00 horas. Haberá comida campestre e teatro todas as noites. O venres actúa Ibuprofeno con "O Furancho" as 23.30 horas despois de malabares de fume. As 00.30 está prevista música e concerto a cargo de Moañesa de Música e danza. O sábado actúa Ningures con "O Groucho" as 22.30 e as 23.30 escenifícanse combates medievais. O domingo segue a programación.