Boa leña para a Festa da Queimada

O adro do Hío acollerá o 2 de xullo a cuarta edición do evento que organiza O Furatoxo

16.06.2016 | 02:45
Ataque Escampe encabeza o cartel da Festa da Queimada 2016, no Hío. // Ataqueescampe.org

"Ataque Escampe encabeza o cartel da Festa da Queimada 2016 que se celebrará no Hío o vindeiro 2 de xullo". O titular é da Asociación Cultural O Furatoxo, organizadora deste evento popular que acada a cuarta edición e que contará tamén coas actuacións de Dúo Verde Menta e do grupo The Resaca´s nunha verbena precedida pola degustación da queimada, amenizada polo cuarteto tradicional Os Tombiños e polo espectáculo de humor Peter Punk. A xornada abrirase ao mediodía con sesión vermú -moi concurrida o ano pasado- animada pola treboada tradicional de Ameaça de Bombo, que percorrerá os camiños da parroquia convidando á xente a disfrutar da festa.

Os promotores apostan "por ir un paso máis alá na programación e encher toda a xornada con diferentes actos", ainda que o "prato forte" será a verbena nocturna. O clown e humorista Peter Punk encargarase de abrir a festa "cun espectáculo gamberro e fresco para todos os públicos" desde as nove do serán, e ao remate poderán compartir a tradicional queimada elaborada por vecindario da parroquia ao ritmo de Os Tombiños.

Co corpo quente comezará a verbena nocturna que se prolongará á madrugada. Verde Menta, do Hío, interpretará un repertorio de grandes éxitos das últimas décadas, para todas as idades. A gran aposta desta edición é Ataque Escampe, de Santiago de Compostela, que ofrecen "músicas tristes para escenarios con cortina vermella, reverbs torturados e himnos á derrota, pero tamén rock´n´roll para desabrochar as camisas, soul hilarante e, por que non, ruído". Os cangueses The Resaca´s pecharán a noite con versións de rock dos 80.

A Asociación Cultural O Furatoxo, formada por mozas e mozos do Hío, naceu en 2013 coa intención de dinamizar a parroquia con actividades diversas. A colaboración de establecementos e a venda de rifas fan posible celebrar esta Festa da Queimada.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine