A película está protagonizada por alumnos de 3º da ESO

Coma nos grandes eventos cinematográficos, na entrega de premios do V Certame Audiovisual Escolar do Monte Carrasco, que contou coa participación de centros educativos de toda Galicia, haberá un "premio do Público", como resultado das votacións emitidas polo alumnado do centro, e dous "premios do Xurado" para as categorías de mellor audiovisual de ficción e mellor audiovisual didáctico, segundo anuncian os organizadores dunha cita que xa se está a converter en clásica na comarca.

Toda a comunidade educativa participa no proxecto

Logo estrearase a longametraxe musical "Encontros na terceira clase", producida polos departamentos de Música e Plástica do propio centro, dirixida por Miguel Cameselle e coa coordinación e animación de Seila Acuña. A película, da que se pode visualizar o trailer no enlace https://www.youtube.com/ watch?v=wbgRsWiPupc, está protagonizada principalmente polo alumnado de terceiro de ESO, e conta con aparicións estelares coma a do grupo musical Alféizar. "Trátase da novena produción audiovisual realizada no centro, un proxecto interdisciplinar que conta coa colaboración de toda a comunidade educativa", explican os artífices, que convidan hoxe a unha tarde de cine "onde non faltarán as risas e os cantos no patio de butacas".