Suscriptor
Crónicas do Teatro no Morrazo

O teatro en Moaña 1915-1960 (II)

A Guerra Civil supuxo unha interrupción na representación de obras de carácter profano e ata finais da década de 1960 a maioría das veladas estaban vencelladas ao catecismo. Aínda así houbo obras de carácter histórico, como "María Estuardo"

05.06.2016 | 06:48

Saíndo un pouco da cultura teatral e para contextualizar o momento histórico que se vivía, convén lembrar que a sociedade moañesa estaba moi convulsionada e enfrontada polos graves sucesos acontecidos durante a II República (1931-1936). Sábese de que durante os entroidos e as festas dos traballadores do Primeiro de Maio, os sindicatos e políticos antimonárquicos montaban parodias proselitistas e outras escenas ridiculizando as organizacións dereitistas. Son obras das que hai apenas documentación escrita; agás unha mención que fai Luís Pérez Álvarez Nacidas, nas súas memorias, da entrañable festa do Primeiro de Maio ques e organizaba no local de Fraternidad Marinera, que posuía un salón de actos para actividades. Alí ensaiaban himnos revolucionarios como "La Comuna", "A las Barricadas" ou "Hijas del Pueblo", así como teatro para nenos e maiores, discursos, conferencias e cursiños de cultura. Coordinadas polo director teatral e da Revista Galega de Teatro (RGT), Antón Lamapereira, as "Crónicas do teatro no Morrazo" amosan o gran dinamismo teatral que sempre tivo esta comarca.

Esta presión social republicana foi respondida nun comunicado das Juventudes Católicas que, aparte do...

Hazte suscriptor

Para continuar leyendo... suscríbete Suscríbete si aún no eres suscriptor

O utiliza un bono de los todavía que tienes pendientes aquí
0.5 euros
3.99 euros
Consulta otros tipos de suscripción »
Teléfono de atención al cliente: 902 767 117 Correo electrónico Preguntas Frecuentes
Enlaces recomendados: Premios Cine