04 de junio de 2016
04.06.2016

"Festa da música e os versos dos nosos mellores poetas"

"No bico un cantar" xunta en Cangas a medio millar de alumnos de música de toda Galicia

04.06.2016 | 08:28
Centos de alumnos e alumnas de música de toda Galicia tomaron onte o adro parroquial. // Gonzalo Núñez

Arredor de cincocentos alumnos e alumnas de estudos musicais de toda Galicia cantaron onte en Cangas os versos dos trobadores, nun concerto promovido polo Consello da Cultura Galega e co apoio do Concello, que o definiu como un dos "acontecementos culturais do ano", en palabras do concelleiro Héitor Mera. "Unha festa para a palabra, para os versos históricos dos nosos mellores poetas inspirados nas ondas atlánticas e, ao mesmo tempo, unha festa para a música", proclamou o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, previo ao acto adicado á lírica trobadoresca.

Nunha tarde primaveral, a multitudinaria celebración tivo como escenario o adro da excolexiata Santiago de Cangas, onde se congregaron medio millar de músicos procedentes do Morrazo e de toda a xeografía galega, así coma outros moitos adeptos para participar no concerto da cuarta edición de "No bico un cantar", programa educativo e cultural promovido pola Consellería de Cultura e Educación e no que se volcaron de forma apaixoada desde o Concello.

O repertorio da cerimonia diante do público -que tivo o preámbulo nun ensaio xeral celebrado pola mañá no Auditorio municipal- incluiu poemas de diferentes xograres e trobadores da lírica medieval. Os rapaces e rapazas interpretaron "A cançao do marinheiro", de Lourenço, con música de Héitor Villa-Lobos; as cantigas de Martín Códax "Quanto sabedes amar" e "Ondas do mar de Vigo", unidas nunha única peza; e "Rosa das Rosas", de Alfonso X O Sabio. Canda elas, e como ven sendo habitual neste programa, o Consello da Cultura Galega encargou a composición musical dun poema, que nesta ocasión foi a versión que Rogelio Groba fixo de "Pois nosas madres van a San Simón", de Pero Viviaez. O exitoso concerto rematou co "Maio longo" de Rosalía de Castro, musicado por José Baldomir.

O recoñecido pianista e director Maximino Zumalave repetiu como responsable artístico deste proxecto e tamén o fixo o grupo de metais Hercules Brass, un quinteto -nesta ocasión un sexteto, porque se incorporou un músico- de diferentes instrumentos (trompeta, trompa, trombón e tuba), mentres a escritora Rosa Aneiros oficiou como mantedora dun acto que animou as rúas do centro urbano.

Desde que o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, anunciou a iniciativa, hai medio ano nunha reunión que mantivo cos concelleiros de Cultura, Ensino e Obras e Servizos -Héitor Mera, Xoán Chillón e Mercedes Giráldez- para organizar a loxística e fixar o emprazamento, o goberno cangués mostrouse entusiasta e volcouse en garantizar o éxito que se logrou durante a xornada de onte.

Mesmo se barallaba unha ubicación alternativa, no Auditorio, para o caso de que o tempo non acompañara, pero a meteoroloxía sumouse á festa da poesía e da música. "Ben seguro que esta foto era máis difícil de conseguir hai só un par de décadas en Galicia", dixo Lorenzo, que destacou a evolución constante dos estudos musicais e a perseverancia e o esforzo dos rapaces e familias para logralo.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine