Realidade aumentada para entender a Manuel María

O CEIP Quintela inaugura unha innovadora mostra interactiva sobre o poeta

03.06.2016 | 04:55
Unha profesora amosa nunha tablet como funciona a exposición con realidade aumentada. // G. Núñez

Os 162 alumnos do colexio de Quintela participaron, xunto cos seus profesores, na creación dunha mostra sobre a vida e obra de Manuel María. A realidade aumentada xoga un papel importante e os que acudan a ver a exposición poderán observar, no móbil, os vídeos de alumnos recitando ao poeta.

Os actos para dar a coñecer a figura do poeta Manuel María non rematan en Moaña pese a que xa finalizou o mes das letras galegas. Nesta ocasión son os alumnos e profesores do colexio de Quintela os que tiran de novas tecnoloxías para que pais e veciños se achegen á vida e a obra de Manuel María.

A realidade aumentada é sen dúbida a estrela da exposición que se inaugurou onte, ante a presenza de autoridades locais como a alcaldesa, Leticia Santos, e o edil de Ensino, Aldán Santamarina.

Mediante a aplicación Aurasma, os pequenos dotaron de interactividade á mostra na que se narra a vida de Manuel María e se poden ler algúns dos exemplos máis significativos da súa literatura. Os usuarios poden descargar esta aplicación nos seus dispositivos móbiles e na pantalla do teléfono ou tableta aparecerán os vídeos e distinto material audiovisual grabado polos mestres e alumnos do centro. Trátase de pezas de Manuel María cantadas ou recitadas polos propios estudantes.

Participaron os 162 alumnos de Infantil e Primaria de Quintela. A exposición conta con moitas imaxes sobre o artista lucense. Ademáis de profundizar na vida do homenaxeado este ano polas Letras Galegas, os pequenos amosaron a súa grande destreza no manexo das novas tecnoloxías.

Os pais e veciños que queiran acudir a visitar a mostra poderán atopar un tutorial sobre como descargar a aplicación necesaria no blogue do centro -colexioquintela.blogspot.com- ou na páxina de Facebook deste centro escolar moañés. Na propia mostra poden acceder a estes tutoriais a través de códigos QR.

Horario

A mostra estará aberta durante as vindeiras semanas entre as 9.00 e as 10.00 horas pola mañá e entre as 15.30 e as 17.00 horas en horario de tarde.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine