Uns 500 alumnos de conservatorios de toda Galicia chegan esta mañá, ás 11.00 horas, ao Auditorio de Cangas para participar nunha xornada do programa "No bico un cantar". O plato forte está previsto para ás 17.30 horas, cunha actuación conxunta no adro da excolexiata de Cangas.

Entoarán pezas da lírica trobadoresca, a primeira manifestación literaria na lingua propia de Galicia. Os títulos seleccionados son "A cançao do Marinheiro", de Lourenço ou as populares obras de Martín Códax: "Quanto sabedes amar" e "Ondas do mar de Vigo". Tamén cantarán "Rosa das rosas", de Afonso X O Sabio. Ademais, a cita suporá o estreo da versión musicada do poema "Pois nossas madres van a San Simón", de Pero Viviaez, a cargo do compositor Rogelio Groba. Xunto ao coro actuará o grupo de metais Hércules Brass.

Os pequenos percorrerán o centro de Cangas pola mañá e xantarán no pavillón de Romarigo.