21 de mayo de 2016
21.05.2016

A Pedra gaña o torneo cuadrangular da Semana Cultural de Montemogos

O luns retómanse os actos cunha conferencia sobre internet e un recital poético

21.05.2016 | 02:56
Un dos partidos do torneo de onte en Montemogos.

O colexio de Montemogos, en Beluso, continúa cos actos da súa XXIX Semana Cultural e das Letras Galegas. Na xornada de onte o alumnado recibiu a visita de axentes de Garda Civil, que lles falaron acerca da igualdade e do problema da violencia de xénero. A continuación foi o momento para o deporte posto que no patio do centro disputouse un torneo cuadrangular co resto de centros da vila. O primeiro posto foi para o colexio de A Pedra, seguido por A Torre-Cela, Virxe Milagrosa e o colexio anfitrión.

As actividades retómanse o luns cunha conferencia acerca dos riscos de internet para o alumnado de 5º e 6º de primaria, ao que seguirá un recital poético centrado na obra de Manuel María, autor ao que se adica este ano o Día das Letras Galegas.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine