O Museo Massó organiza hoxe un concerto que neste caso se inclúe dentro da súa programación do Día Internacional dos Museos. Será ás 20.30 horas na súa Sala Nobre e coa presenza do Coro Ángel Émbil, da Sociedad Siero Musical de Asturias. Interpretará temas vencellados ao mar e coa cultura galega e asturiana. A entrada é libre, aínda que con aforo limitado.