Actos pola semana das Letras Galegas

Ás carreiras en Abelendo

Alumnos, pais e profesores participaron no 23º cross escolar deste colexio

21.05.2016 | 02:56
Varios momentos das carreiras de onte. // CEIP Abelendo

Os alumnos do CEIP Abelendo amosaron onte ao seu estado de forma participando nas distintas probas do cross deste colexio moañés. Ademais dos pequenos, competiron tamén os pais e os mestres do centro. O acto deportivo rematou cun apartado cultural en lembranza da figura de Manuel María.

A sucesión de actividades no Morrazo co gallo do mes das letras galegas non só se centra no eido cultural. O deporte tamén ten o seu oco. Onte os alumnos do CEIP Abelendo percorreron este barrio de San Martiño en diferentes circuítos nunha nova edición do cross escolar deste colexio. Acadou a 23ª edición e contou coa participación dos estudantes de Educación Infantil e Primaria, así como dos pais e nais dos pequenos e dos seus mestres.

Aa carreiras deron comezo ás 11.00 horas, coa colaboración do Concello, da Policía Local e da Anpa do centro. Trátase dunha iniciativa que pretende fomentar o deporte entre os nenos e inculcarlles valores tan importantes como o compañeirismo, a superación persoal, a confianza e a diversión.

A xornada rematou pasadas as 13.00 horas cun refrixerio para todos os deportistas e lembrando a figura do poeta Manuel María.

Maxia e Música

A programación polas Letras Galegas de Moaña continúa hoxe cun espectáculo de Álvaro Muras para un público infantil e familiar. Empregará a maxia e a música para explicar a vida e obra de Manuel María. Será ás 18.00 horas no auditorio Daniel Castelao en Quintela.

A Agrupación Nós, pola súa banda, presentará esta tarde, ás 20.00 horas, na biblioteca de Quintela o caderno que editou e o audiovisual que produciu sobre Manuel María e a súa vinculación co Morrazo.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine