Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Unha revisión da infancia para acadar a madurez poética

Miriam Ferradáns gaña a vixésima edición do prestixioso premio de poesía Francisco Añón con "Deshabitando unha casa"

Miriam Ferradáns Ferradás no acto de entrega do Premio Francisco Añón en Outes.

A lista de recoñecementos e de premios da poetisa buenense Miriam Ferradáns non deixa de aumentar. Nos últimos días a súa voz poética viuse dobremente recompensada. En primeiro lugar cun terceiro premio nun certamén poético organizado polo Concello de Outes. E esta mesma semana, coincidindo coa simbólica data do Día das Letras Galegas, a autora de Bueu recibiu un dos galardóns máis importantes dentro do panorama galego: o Francisco Añón, que convoca o Concello de Outes, e que este año chega a súa vixésima edición. O xurado rendeuse ao poemario "Deshabitar unha casa", do que destacou a súa "unidade e madurez".

Este recoñecemento é especialmente importante, non só pola dotación económica do premio, senón porque conleva a publicación do traballo nunha moi coidada e fermosa edición. O ditame do xurado fai mención a que a autora acadou unha "voz propia e persoal", así como que a temática escollida para o poemario tiña o risco de caer en tópicos frecuentes. "Pero a autora consegue superar o obstáculo con éxito. Vai xogando ao longo do traballo con poucas imaxes, moi traballada e ben trabadas", suliña o veredicto.

Esa temática á cal se refire o fallo do xurado está relacionada coa infancia, "coa necesidade de deshabitar unha casa para, evidentemente, habitar outra", explica a propia autora. Ferradáns define este poemario como "un repaso á infancia, a unha infancia non necesariamente autobiográfica". A concesión do premio supón un estímulo e abre novos camiños para a buenense. "A verdade é que supón un punto de inflexión porque me quedo coa reflexión que se apunta na acta acerca da madurez poética. Os anteriores premios foron por poemas de menor extensión, mentras que agora trátase dun traballo máis estruturado e organizado", explica Miriam Ferradáns. En concreto, o ditame do xurado conclúe afirmando que "Deshabitar unha casa" constitúe un poemario "compacto, dunha poeta experta, que domina a narratividade da propia composición, construída con grande acerto".

A concesión do premio e a publicación do texto provoca tamén unha sensación de "vértigo" na poeta buenense, que gañou dous anos consecutivos (2013 3 2014) o Premio Rosalía de Castro, que convoca Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá. "Sinto vértigo polo que vai pasar agora porque a xente vai poder ler a miña obra", conclúe a buenense.

Compartir el artículo

stats