Manuel María regresa a Cangas

Un DVD reúne os actos de homenaxe ao poeta celebrados no Morrazo en 2005

20.05.2016 | 02:50
Borja Brun, Fernando Cuñarro e Xico Peña presentaron onte o DVD. // Gonzalo Núñez

"Van xa 11 anos dende que O Morrazo decidiu homenaxear a Manuel María, pero é agora cando, a través dun traballo case arqueolóxico, conseguimos empacar preto de seis horas de contidos audiovisuais", explica Fernando Cuñarro, secretario da Asociación Cultural A Cepa, na presentación dun DVD que recolle os actos das tres xornadas de homenaxe -unha mesa redonda, un recital poético e un concerto musical- celebrados no mes de abril de 2005 coa asistencia de preto de medio centenar de persoas "que se puxeron a turrar nunha única dirección".

O material gráfico (fotos e imaxes de vídeo) foron recollidos daquela por Xosé Luís Lorenzo, Colón, e Borja Brun, que se encargou agora de seleccionalo e facer a montaxe definitiva. Brun, Cuñarro e o músico Xico Peña, daquela ao frente do grupo musical Na Virada, explicaron onte a iniciativa no salón de plenos de Cangas. "O traballo que hoxe presentamos conta, ademais da gravación daqueles actos, con tres videos documentais que mostran un perfil do autor a través de entrevistas e unha selección de cinco poemas recitados polo propio homenaxeado", abondan os promotores desta iniciativa, que tamén ofrece entre os seus contidos unha escolma de fotografías de Manuel María, tanto naquela homenaxe coma do seu paso polo Concello de Cangas, donde deixou unha fonda pegada.

O DVD pode mercarse desde agora en kioscos e librarías de Cangas e doutros puntos do Morrazo ao prezo de cinco euros, unha contía simbólica coa que facer fronte aos gastos de produción e contribuír á recuperación da memoria histórica e poñela en valor, como xa ten sucedido con outros personaxes e episodios da vila. E, neste caso particular, para poñer a disposición do público "un abondoso material que fará lembrar ao Morrazo o seu agarimo por un autor, Manuel María", inciden os seus promotores.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine