O Museo Massó inaugura hoxe unha exposición na que afondará sobre as súas raíces. Neste 2016 cúmprense 200 anos da chegada a vila do primeiro dos Massó, Salvador Massó Palau, que no lugar coñecido entón como "Almacén do Rei" abriu a salazón que pasado o tempo daría lugar a un dos grandes imperios industriais de Europa. Os actos continúan o sábado cun taller para a elaboración de ex libris (ás 12.00 h e con inscrición gratuíta no 986 32 18 38) e cun concerto ás 20.30 horas do Coro Ángel Émbil, da Sociedad Siero Musical, do muicipio asturiano de Pola de Siero.