Amarrar as palabras é un documental sobre os procesos de confluencia política que tiveron lugar en Galicia en 2015, de cara as eleccións xerais ó estado celebradas en decembro, e que involucraron á maior parte do nacionalismo e da esquerda estatal. O documental céntrase especialmente nos intentos falidos que se deron para organizar unha candidatura galega unitaria, e de base cidadán (non partidaria) nesas eleccións, e nas dúas plataformas cidadás que, en boa medida, protagonizaron eses intentos: "Encontro Cidadán por unha Marea Galega" e "Iniciativa pola Unión".

É a sinopse do documental dirixido por Miguel A. Romero, coa colaboración de Francisco Ferreira, que se proxecta mañá xoves, ás nove da noite, no Auditorio de Cangas, con entrada de balde.