| Os máis pequenos protagonizaron a mañá festiva en Cangas. Alumnos dos colexios de O Hío, Nazaret, San Roque e Darbo, que integran os seus grupos de baile, percorreron os xardíns das dúas alamedas do casco urbano amosando as súas danzas e músicas tradicionais. Acompañados dos seus pais, completaron o desfile ata o palco da explanada de Ojea, onde actuaron ante a xente que se congregou. A actividade estivo organizada pola Federación de Anpas A Gameliña. Pola súa banda, a sala de exposicións da carpintería de Soage en Cangas acolleu unha nova exposición de madeiras do mundo. Distintos artistas da zona interpretaron, en madeiras de diferentes árbores, portadas de libros, tanto reais como imaxinarios. Non faltaron as tapas en madeira con poemas. Esta mostra estará aberta ao público ata a vindeira fin de semana.