Nin sequera a intensa choiva que caeu onte pola tarde sobre a comarca puido poñer fin a Festa do Muíño de Coiro. Iso sí, os eventos de onte quedaron deslucidos polo mal tempo, mentras os organizadores esperan que o Muíño de Fausto recupere esta mañá o seu esplendor no día grande das XXVII Xornadas Culturais.

Pola mañá o pavillón do CEIP Castrillón acolleu unha festa infantil con atraccións, xogos e flocos de millo. Pola tarde estaba previsto un festival infantil coa actuación de case un centenar de nenos dos grupos "Peis D´Hoxe", "Lembranzas da Ría", "Escola da Asociación Cultural Tromentelo" e "Pais de San Roque". A intensa choiva fixo que só os máis valentes se atreveran a bailar baixo a carpa. Eso sí, a música folc con gaiteiros e pandereteiras non deixou de soar ata ben entrada a noite.

Para o día de hoxe está prevista unha intensa programación, agardando unha tregua do tempo polo menos pola mañá.

Ás 12.30 horas actuará a Banda de Gaitas Tromentelo, que cumpre o seu 25 aniversario este ano. Ás 13.00 horas o historiador local Manuel Uxío García Barreiro, gran coñecedor da historia da comarca. Lle seguirá unha nova actuación de Tromentelo, que tocará tres cancións en colaboración coa Coral Areas Gordas.

Ás 13.30 horas terá lugar a "Moenda de poesía" e os asistentes degustarán produtos propios desta festa como o pan de millo, as empanadas ou os ovos con migas. Trátase da tradicional comida campestre con degustación de produtos derivados do millo no entorno do muíño.

Pola tarde está previsto que conclúa a fin de semana de actividades co espectáculo de monicreques "Títeres Circus" a cargo da compañía Tanxarina Títeres. O grupo de pandereteiras Lembranza da Ría e Cantanta Bernácula prolongarán a festa, se o tempo o permite, ata a última hora do domingo.

Agárdase que centenares de persoas acudan esta mañá a desfrutar da música de gaitas e da gastronomía nunha nova edición deste evento organizado pola Asociación Cultural Cacarexo e que xa é unha data sinalada no calendario dos veciños de Coiro.