Carrusel de actos para homenaxear a Manuel María en Moaña

O Concello e colectivos culturais como a Agrupación Nós programan 19 actividades co gallo das Letras Galegas e editan un caderno sobre o poeta e a súa ligazón coa vila

06.05.2016 | 17:30

O Concello de Moaña e distintos colectivos culturais do municipio uníronse este ano para sacar adiante unha intensa programación conxunta co gallo do Día das Letras Galegas. Ata 19 actividades de todo tipo e coa figura do poeta Manuel María como principal protagonista arrincarán o mércores 11 de maio. A primeira actividade será un recital poético-musical organizado polo Centro Creativo Musical (CCMUS) no local da Asociación de Mulleres de Moaña ás 20.30 horas.

O venres 13 haberá o contacontos "A orixe" de Raquel Queizás, para un público infantil e familiar. É ás 18.00 horas na biblioteca de Quintela. O sábado 14 se sucederán as actividades. Charaviscas organiza en Domaio un recital poético recitando a Manuel María. No centro Rosalía de Castro ás 19.00 horas. As integrantes de Charaviscas farán unha exhibición das distintas actividades que realizan ao longo do ano.

O mesmo día, no auditorio Daniel Castelao, haberá un concerto do grupo Xardín Desordenado, ás 20.00 horas.

A Asociación de Mulleres programa tamén para as 22.00 horas o seu Festival das Letras no salón de actos do IES As Barxas.

Entre as novidades deste ano destaca a publicación dun caderno sobre Manuel María, no que se inclúe unha biografía do autor e se explica, incluso con fotos, a súa relación con Moaña e co Morrazo. A súa edición correu a cargo da Agrupación Cultural Nós e do Concello. "Editamos 3.000 exemplares, que repartiremos en todos os colexios e institutos de Moaña así como en colectivos culturais", apunta o presidente de Nós, Xesús Cancelas.

Este colectivo ten previsto organizar unha exposición ao aire libre con fotografías sobre a evolución dos barrios de O Real e O Con ao longo do século XX. Manuel Méndez explicou tamén o traballo audiovisual que presentarán en distintos puntos do municipio, no que se pode escoitar ao propio Manuel María no recital de poesía que ofreceu no Ateneo de Moaña no ano 1976.

O luns 16 se presentará o documental "En todas as mans" sobre a figura dos montes veciñais, organizado polas tres comunidades de montes do municipio. Será no salón de plenos ás 20.00 horas. Para o martes 17 está previsto un festival folclórico no palco da música de Moaña, Actuarán os compoñentes de Charaviscas, Breogán, Solaina e a banda Airiños do Morrazo. O mércores 18 de maio alumnos de diferentes escolas farán intervencións culturais en parques do centro.

A música coral será a protagonista o 20 de maio, cun festival na igrexa do Carme cos coros Santa Eulalia de Meira, San Pedro de Domaio, San Bartolomeu, Nosa Señora do Carme, Ondas da Ría, Chorima e o Grupo Lembranzas.

No segundo sábado de actividades Álvaro Muras actuará co espectáculo "Manuel María con Maxia e Música" e a igrexa do Carme acollerá un novo concerto músico-coral. O domingo 22 de maio se inaugurará o busto de Rosalía de Castro realizado pola Escola de Canteiros da Deputación. Lucirá no entorno do centro cultural de Domaio.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine