O nome de Cangas aparece en textos da xornalista Catherine Gasquoine, do galeguista Otero Pedraio, no libro "Baixo os mirtos" de Joaquín Dicenta, nos de Castroviejo ou de Álvaro Cunqueiro. Cangas tamén aparece no himno a nosa señora de Darbo,de Eugenio Carballo; nun poema de Eugenio Montes adicado á Virxe de Cangas; na falecida poetisa Carme Kruckenberg en "Cantigas do vento" e nos do galeguista Méndez Ferrín. A publicación nomea a ducias de autores como o gran poeta de Cangas Bernardino Graña, Celso Emilio Ferreiro e outros como Guillermo Moldes, Xosé M. del Caño, Etelvino Vázquez, o propio rexidor actual, Xosé Manuel Pazos e tamén outros como Lito, o futbolista libreiro de "Maraxe", en Cangas, que foi dianteiro do celta e referente do libro no Morrazo; ou o mítico grupo vigués de punk e rock "Siniestro total" coa sua canción "Yo ya fui a Cangas de Morrazo" famosa nos 80. Hai unha lista interminable de autores: Xavier Paz, Fran Jaraba, Valentín Carrera,Luis Menéndez,, Vázquez Pintor, Paz Antón, o propio Fernando Cuñarro e o inolvidable Pepe Poeta, entre otros moitos.