No Boletín Oficial da Provincia (POP) de Pontevedra (1-9- 1936) e asinada polo gobernador civil, Ricardo Macarrón Piudo, publícase para coñecemento dos interesados, unha relación de 420 mestres e mestras, que "se suspenden de sus cargos". Na relación, figura en primeiro lugar Gonzalo Martín March, Gobernador civil de Ourense, que fora mestre de Preparatoria no Instituto de Pontevedra e que foi fusilado. Quedaban así provisoriamente suspensos dos seus cargos, "teniendo en cuenta los informes de la Guardia Civil, autoridades locales e Inspección de Primera Enseñanza", 330 mestres e 90 mestras de 63 concellos provincia de Pontevedra, agás Mondariz Balneario e Portas.

O BOP do 17 de decembro de 1936 volvería a inserir unha Circular da Comisión de Cultura y Enseñanza, dirixida aos Vocais das Comisións Depuradoras de Instrucción Pública, asinada por Pemán (BOE,10/12), onde se facía fincapé no carácter non só punitivo, senón preventivo das medidas tomadas: "No se volverá a tolerar ni menos a proteger y subvencionar a los envenenadores del alma popular, primeros y mayores responsables de todos los crímenes y destrucciones que sobrecogen al mundo y han sembrado de duelo la mayoría de los hogares honrados de España".

Separación do servizo e baixa no escalafón. 1937-1942

Bernárdez Gómez, Telmo. Pósito Bueu 17-01-1942

Bernárdez Gómez, Jesús. Pósito Cangas 17-01-1942

Couto Mallén, Agustín. San Xulián - Marín 17-01-1942

Gastiasoro Ruiz, Gumersindo. Darbo Cangas 11-05-1940

Piñeiro Camiña, José. Hío Cangas 11-05-1940

Vidal Bustamante, Enrique. Moaña / Instituto Vigo 11-05-1940

Mortos, fusilados ou paseados:

+Sánchez Martil, Víctor. Coiro-Cangas

+Sáez Ruiz, Vicente. Coiro - Cangas 11-05-1940

+Meis Martínez, José. Seixo - Marín 11-05-1940