A rexedora de Moaña, Leticia Santos, participa mañá, ás 12.00 horas no Centro Ágora da Coruña, no acto de adhesión ao programa Apego. Sumaráse ao proxecto dos traballadores de normalización da lingua de concellos como Baña, Carballo, Carnota, Ferrol, Narón, Negreira, Ourense, Pontevedra, Redondela, Rois, Santiago e Vigo.

Este programa permitirá que o Concello distribúa materiais de ocio en galego aos pais de nenos de entre 0 e 6 anos. Tamén se empregará para programar actividades na lingua propia, facilitando así a crianza dos cativos de Moaña no idioma propio en tódalas situacións.