Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Á memoria do Señor Marcial

Marcial de Santeiros faleceu hai uns días despois dun século de vida

Señor Marcial de Santeiros, traballando unha veiga.

Fai uns días nos chegaba unha desas novas que non gusta escoitar, señor Marcial de Santeiros nos deixaba despois dun século de vida. Foi un día de primavera de eses que son especiais no que a natureza nos amosou todos os seus elementos, chuvia, sol, vento...

O vello sabio agardou ata que os campos se vestiran con flores para marcharse, coma os antigos Druídas que cando chegaba a primavera entraban na espesura das profundas carballeiras para facer meditación profunda. Santeiros, A Xalde, San Martiño, Moaña, O Morrazo, se quedaba sen un dos veciños que máis coñecementos tiña sobre a terra, as sementeiras, as augas, as lúas, sabio da nosa toponimia e da microtoponimia.

Case un século de vida, unha fonte de sabedoría, amable e sempre cun sorriso na súa faciana. Desde moi cativo comezou a almacenar todo o que os seus vellos lle ensinaban, sempre tiña un dito ou un refrán no momento axeitado. A convivencia con as persoas maiores desde neno, fixo que comezara a ser consciente das necesidades e do traballo que era necesario para vivir. Non tivo unha vida fácil, pero el era capaz de sentirse ben ata nos momentos máis delicados e duros, que de todo houbo.

Santeiros era o seu mundo é apenas se separou del uns meses cando de mozo quixo sentir os salseiros de ese mar inmenso, unha aventura que durou pouco, el non era mariñeiro, era un home de terra e neste elemento se converteu nun sabio. Eu o miraba como un vello chaman dunha tribo, que tiña un saber especial, que gardou e contou mil historias a aquelas persoas que moitas veces nós acercamos a súa casa a conversar con el. Sempre sorprendía con algunha palabra, algún dito sobre un alimento, " As xudías son coma as mozas que se abrazan os mozos, pois así se agarran as xudías as canas ", para aqueles que sempre estaban a berrar por algunha testeira, el dicía " nós o final so necesitamos nove cuartas e media, o resto non nos fai falta ".

Cen anos de memoria fresca chea de recordos e vivencias.Recordo algunha tarde que teño pasado pola súa casa, xa pasaba dos noventa anos e tiña que ir a veiga, pois estaba sachando e plantando leitugas ou cebolas, sentados no valo botabamos unha conversa. Na súa longa vida tivo momentos duros, a perda dos pais, incluso a perda do seu propio fillo aínda mozo, as veces me sorprende como aquel corpo que semellaba débil seguía vivindo dia tras día, co calor da familia e coas raíces na terra de Santeiros.

Teño na memoria cando se levou acabo o proxecto da Vía Rápida do Morrazo, señor Marcial era chamado polos veciños e pola propia empresa das obras, para atopar donos e lindantes de tomadas e monte, así como o nome dos lugares, el sempre atento e con amabilidade axudou, é foron moitos os veciños que puideron cobrar polos seus terreos, grazas a axuda del. Sr. Marcial de Santeiros, era o noso vello Druída, un sabio da natureza, un veciño deste pobo de Moaña que sempre estará no noso recordo. Un home que amaba a vida natural, que agardou pola primavera para despedirse. Alá onde estea, seguirá a ser ese bo home ensinando e contando todo o que aprendeu na súa vida.

Ata sempre vello amigo, sempre con nós.

Compartir el artículo

stats