María Soliña

25.03.2016 | 02:48

Neste poema "A María Soliña" é onde se xuntan o teatro e a letra de Xosé Manuel Pazos á música de Astarot coa lenda, a vida e a morte da máis famosa das mulleres na Historia de Galicia. O sentir dunha terra!

Cae a noite sobre a praia, foxe o vento cara ao val, danza a lúa sobre as augas e María escoita o mar.

Non trae voces, non trae nada, só o silencio e a friax son a fúnebre compaña do son mouro das campás.

María Soliña, María Silencio, do cemiterio que hai baixo o mar tampouco hoxe el ha voltar. María Soliña, María Soidade... ti ere-la area, Pedro é o mar, María Soliña, María Soidade...

Bate a noite longas alas, non hai gavotas, tampouco araus, negros corvos arrevoan, nos seus bochos traen o mal.

Traen enchenta de cobiza, traen mentira e sinrazón e María fica soa baixo as zoupas da Inquisición.

María Soliña, María Soidade, no cemiterio que hai baixo o mar cecais con Pedro poidas danzar. María Soliña, María Soidade...

Letra: Xosé Manuel Pazos

Música: Carlos Gandón (Astarot)

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine