A Asociación de Actores otorga o Premio de Honra Marisa Soto á Revista Galega de Teatro

Dirixida desde Cangas por Antón Lamapereira, cumpre 33 anos de vida -O galardón entrégase nos Premios María casares o día 30

17.03.2016 | 06:21

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) concedeulle este ano á Revista Galega de Teatro (RGT), que se edita desde Cangas baixo a dirección do mestre Antón Lamapereira, ol Premio de Honra Marisa Soto. Con este galardón se recoñece a longa traxectoria desta histórica publicación que nos seus 33 anos de vida serviu de espello e canle de información da actividade teatral.

O premio será entregado durante a gala dos XX Premios María Casares, que se celebrará no Teatro Rosalía de A Coruña o mércores 30 de marzo. A Revista Galega de Teatro únese á nómina de profesionais, entidades e colectivos teatrais que recibieron o citado premio desde a súa creación en 1997. "Este é un recoñecemento inescusable que tardamos en facer dende a Asociación e quixemos concederllo neste ano tan especial, no que celebramos a vixésima edición dos nosos premios", sinala Vicente Mohedano, presidente da AAAG.

O Premio de Honra Marisa Sotocreouse co obxetivo de distinguir aa dedicación e a carreira de persoas e entidades que, ao longo dos anos, impulsaron a dignidade e a profesionalización do sector escénico de Galicia. Pola súa parte os Premios María Casares chegan este ano a súa vixésima edición con 14 espectáculos finalistas que se disputarán os galardóns das 14 categorías nas que se dividen os premios.

A Revista Galega de Teatro naceu en Vigo en1983 como Boletín de Información Teatral da Escola Dramática Galega, que era unha cooperativa que se dedicaba á producción de espectáculos, tiña o seu grupo de teatro ey un equipo de investigación. Publicaba uns cuadernos que deron lugar a ese Boletín co fin de "dar un paso máis no camiño da normalización teatral en Galicia, que consistía en informar sobre a actividade teatral". A meta xamais cambiaría, non así a sua cabeceira que pasóu a denominarse Información Teatral e más tarde, a partires do número 11 bautizaríase co actual nome de Revista Galega de Teatro. A independencia sempre foi, segundo a AAAG, a súa folla de ruta para un equipo de redacción composto por María José "Ché" Mariño; Xosé Manuel Pazos (actual alcalde de Cangas), Pedro P. Riobó, Manuel Xestoso, Inma López Silva, Vanessa Sotelo, Casilda Alfaro, Gonzalo Rodríguez, Roberto Pascual, Alfonso Becerra e o propio Antón Lamapereira, ós que haique engadir unha rede de colaboradores.

A publicación, trimestral, susténtase grazas á Asociación cultural Entre Bambalinas, que a edita, e se financia principalmente das suscripcións, a venta nas librerías e acordos publicitarios, ademáis de colaboracións de Administracións, como la Diputación de Pontevedra e a loxística do Concello de Cangas. RGT xa conta, entre outros premios, con o de Xiria á Labor Teatral 1993, Medalla ADE 2006, Fegatea 2010 o de Honra Abrente 2013.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine