"Trátase dunha peza teatral tenra, divertida e intrigante onde os personaxes conviven a pesar das súas diferenzas. Ninguén é tan bo como aparenta nin tan malo como parece. Un espectáculo que transcorre sempre de noite, á luz da lúa. Unha historia de amizade, superación dos propios medos e de amor". É a sinopse de "O lobo e a lúa", un espectáculo para público familiar a partir de dous anos dirixido por Óscar Ferreira e Andrea Bayer que se estrea hoxe pola tarde (18.00 horas) no Auditorio de Cangas. O prezo das entradas, que estarán á venda desde dúas horas antes da función, é de 3 euros para nenos e 5 para adultos.