Queremos Galego trouxo a Marín "Dez anos na porta"

É a antoloxía de Porta Verde do Sétimo Andar

08.03.2016 | 02:35
Presentación da antoloxía poética "Dez anos na porta". // S.A.

Queremos Galego Marín presentou a antoloxía poética "Dez anos na Porta", que recolle creacións de moitos dos integrantes iniciais do colectivo "Porta Verde do Sétimo Andar". Trátase dun colectivo literario que naceu en Vigo no ano 2005, como plataforma poética activa e aberta coa intención de facer pública a poesía.

Este obxectivo levou ao grupo a organizar recitais en espazos vigueses frecuentados polos seus membros (A Cova dos ratos, Uf, entre outros). Dous anos máis tarde decidiron publicar algunhas das creacións dos compoñentes iniciais (A Porta Verde do sétimo andar, 2007). No ano 2010 saíu á luz Sétimo andar, poesía alén, e en 2012 Sétimo andar, primeira das publicacións do selo editorial creado polo propio colectivo, "Q de Vian Cadernos".

Ao longo destes dez anos, o grupo foi modificándose e incorporando sempre novas voces tanto da poesía galega como doutros lugares e colectivos, fundamentalmente lusófonos. Hoxe en día son un referente importante da poesía galega máis actual.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine