Cara á igualdade desde o coñecemento

A lembranza da sindicalista Dolores Blanco Montes, teatro, vídeo e manifesto institucional, entre os actos do Día da Muller en Cangas

05.03.2016 | 04:29

Foi pioneira na loita polos dereitos das traballadoras á fronte do sindicato "A Reivindicadora", que aglutinaba ás atadeiras e operarias da conserva de Aldán, Cangas e O Hío. Dolores Blanco Montes será protagonista nos actos do Día da Muller, e o Concello ten previsto adicarlle unha sala ou unha placa na súa lembranza, pero a programación tamén inclúe a representación de "Unhas poucas picadelas", por Teatro de Ningures, a lectura dun manifesto institucional polo alcalde, Xosé Manuel Pazos, ou a proxección dos documentais "Digna rabia" e Fío fóra" no Auditorio municipal.

"O 8 de marzo non é tanto un día para celebrar como para reivindicar dereitos como a igualdade dos homes e mulleres", sinalou o concelleiro de Servizos Sociais, Tomás Hermelo, que defendeu así a elección de Dolores Blanco Montes como protagonista da xornada e fixo fincapé en que este Día da Muller é o primeiro que se vertebra desde o Consello de Igualdade, en avanzada fase de constitución.

O acto máis inmediato é a representación de "Unhas poucas picadelas" a cargo de Teatro de Ningures, que xa se puxo en escena o xoves para alumnos de instituto e volve ao Auditorio mañá ás oito da tarde para todos os públicos. A autora, Laura Ripoll, afonda no terreo da violencia de xénero e, de maneira moi concreta, na que exercen os homes sobre as mulleres. No relata unha historia concreta senón que da cabida a moitas historia, "reais e anónimas, as que acaban en asasinato e as que, sen morte física, acaban aniquilando vidas", explicou a actriz Casilda Alfaro, que comparte escenario con Pepa Barreiro e Machi Salgado, nominado como actor principal aos premios María Casares, como tamén o está Xosé Manuel Pazos pola tradución.

Os actos centrais serán o martes, 8 de marzo, cunha concentración ás 19.45 na Praza do Concello e a lectura do Manifesto polo Día Internacional das Mulleres a cargo do alcalde, Xosé Manuel Pazos. A continuación, no salón de plenos oficiarase o recoñecemento a Dolores Blanco Montes e presentarase o documental "Digna rabia" a cargo do coautor Ángel Gallardo, seguido da proxección deste traballo. Nel, un conxunto de mulleres reflexionan sobre o impacto do franquismo nas súas vidas: a soidade, a reclusión doméstica, a submisión, a violencia de xénero, as dificultades para instruírse... "Da desigualdade e da invisibilidade xorden as iniciativas para rebelarse ante este situación e crear novos espazos cívicos onde cuestionar o control, a xerarquía e o dominio masculino", explican.

O último acto desta semana reinvindicativa será o vindeiro venres no salón de plenos, coa proxección do documental "Fíos Fóra", de Illa Bufarda para Amarante, asociación galega que traballa no eido da educación, consumo responsable e economía social. Lembra que, "por moi finos que sexan, detrás de todos os fíos que nos rodean hai historias", como a das mulleres galegas que traballaron no sector téxtil dende os anos 60, "man de obra perfecta e cautiva para erguer unha industria xigante que agora se atopa deslocalizada".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine