Unha plantación de cine nos montes de Coiro

25 alumnos e profesoras do colexio A Rúa repoboan con frondosas o monte comunal

01.03.2016 | 07:24

O amor polo cine e pola natureza combináronse na visita que un grupo de alumnos e mestras do colexio A Rúa fixeron onte ao Monte Pequeno, un predio dos comuneiros de Coiro preto das lindes con Moaña. Plantaron cerdeiras, bidueiros ou freixos que bautizaron con nomes de coñecidos cineastas.

"Estes exemplares teñen nome de cineasta. Este en concreto concreto é [Jean-Luc] Godard", explica Lena sinalando unha cerdeira que inicia a fileira de especies frondosas que acaban de plantar. "E tamén temos a [Chantal] Akerman, a [François] Truffaut ou a "Yuki Nina", refire a profesora e xefa de estudos May Iglesias mentres explica que no colexio levan tempo traballando sobre o cine e a idea de bautizar as árbores con nomes de directores, actores ou mesmo películas sirve para vencellar ámbalas paixóns.

A súa compañeira Ana Fernández Castro, titora do grupo de 25 alumnos de sexto curso de primaria que se botaron ao monte para esta actividade, engade que xa tiveron outros contactos coa realidade do monte comunal, como unha charla que lles impartiu persoal da Comunidade de Montes de Moaña sobre a realidade forestal, especies invasoras ou o problema dos incendios. "Pensamos en repoboar un monte queimado, pero dixéronos que non era recomendable polos residuos e outros inconvenientes", aclara. Así que a alternativa de facelo en Coiro encaixaba ben na materia de valores sociais e cívicos que imparten, ao tempo que se traballa a prol da comunidade.

Cara alá partiron de mañá para plantar especies frondosas asesorados por expertos do colectivo que preside Jesús Gestido, como Manuel Soaxe, Manuel Camaño ou Manuel Boubeta, que mesmo lles entregou un plano sinalizado cos lugares de interese e complementado con poemas vencellados á parroquia. Mentres explicaban algunhas características, Amanda non perdía detalle, anotando e debuxando con paixón no seu bloc de natureza todo canto acontecía.

Soaxe explicou algunhas das vantaxes de repoboar o monte con especies frondosas, como a fixación do solo fronte ás erosións, frear a praga de acacias ou como medida de contención do lume. Nas Teixugueiras, xa repoboaron o ano pasado alumnos do colexio Castrillón. Desde onte, ao seu carón, no monte comunal de Coiro brotan estrelas da sétima arte.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine