Gran orquestra metropolitana

O Proxecto Orquestral de Cangas presenta o seu quinto CD, que consolida a madurez da iniciativa, e prepara varios concertos

24.02.2016 | 02:44
Os artífices do Proxecto Orquestral, onte, con Pazos e Chillón na presentación do disco. // G.Núñez

"Momentos", o quinto CD do Proxecto Orquestral impulsado desde o Conservatorio de Cangas e dirixido Por Alberto G. Avilés, xa está na rúa. O traballo musical medra en rigor a madurez despois de oito anos de experiencia que implica a máis de 60 persoas, desde docentes a alumnos e exalumnos entregados en facelo mellor en cada edición.

"Hai oito anos dixen que o Proxecto Orquestral estaba chamado a converterse nunha gran orquestra sinfónica e hoxe penso que pode ser a gran orquestra da Área Metropolitana de Vigo", sinalou o alcalde, Xosé Manuel Pazos, para sintetizar a madurez desta iniciativa e a vontade política de contribuir á súa difusión entre os concellos que rodean a ría. Con humildade, pero sen renunciar a nada, o director e demais impulsores desta proposta musical recoñecen que o traballo avanza e gaña en mestría, e que a meta está posta en mellorar cada ano superando as dificultades de xuntar e coordinar os 62 membros que deben compatibilizar a súa paixón co traballo, estudos, deportes e outras actividades nas que están implicados.

O quinto CD, que ven de saír dos estudos de gravación, inclúe sete temas e comeza co de "Sabrina", de John Williams, seguido de "América" (de West Side Story), de Leonard Bernstein, "Sunrise, Sunset", de Jerry Bock, e "Home Alone", de John Williams. O disco complétase con "Adiós Nonino", de Astor Piazzola, "Pie Jesu", de Karl Jenkins e "Suite Sinfónica do Anel", de Alberto González Avilés, baseado en temas orixinais do autor e de H.Shore. Todas as obras teñen arranxos orixinais do propio Avilés para o Proxecto Orquestral, que ten previsto presentalas en distintos concertos, entre eles en Cangas e Pontevedra.

O concelleiro de Ensino, Xoán Chillón, destacou na presentación que desde o Concello están "moi satisfeitos da proxección exterior" dun traballo de "gran calidade" que se pretende divulgar tamén a través dun libro ou revista que se está a ultimar. Tamén o director do Proxecto Orquestral se mostrou agradecido pola colaboración institucional e o esforzo realizado por todos os membros da orquestra, pois non é doado xuntar a máis de 60 integrantes, a profesores, alumnos e exalumnos, para preparar os temas, ensaiar ou dar concertos. "Poucos poden presumir de ter cinco discos publicados, pero ese logro tamén nos obriga a estar á altura e superarnos", sinalou Alberto González Avilés. A directora do Conservatorio, María Xesús Torres, incidiu nos mesmos argumentos e na importancia de proxectar o seu traballo máis alá do centro de ensinanza, con discos e concertos. "Esa é a vida dun músico e disfruta con esas oportunidades", dixo.

Novos retos

Para corroboralo estaba Miriam Parada, alumna do Conservatorio e representante dos integrantes da orquestra, que mostrou unha "enorme satisfación" por ter o traballo que realizan recollido en CDs e DVDs, e trasladou o compromiso de seguir facéndoo "igual de ben ou mellor" en próximos retos. O profesor Luis Carballo, una dos artífices deste proxecto anunciou o interese en programar concertos, aínda sen concretar, para dar a coñecer os resultados desde esforzo.

Pazos quixo rematar o acto insistindo nos plans de futuro para o Proxecto Orquestral como proposta de divulgación na Área Metropolitana, para o que haberá que coordinar axendas e fixar datas. "É unha iniciativa que sea de Cangas pero debe ir máis alá e debemos darlle a dimensión que merece", comprometeuse o rexedor.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine