Cunha extensión máxima de dous folios mecanografados a dobre espazo, escritos en lingua galega e presentados en sobre pechado co sistema de plica ata o pasado 30 de xaneiro, o xurado escolleuo os traballos titulados "Benquerido Edgar", de Violeta Rodal, e "Meu amor", de Raquel Soage. Estas son as dúas cartas gañadoras:

"Benquerido Edgar"

Hoxe é o día, ese que nunca pensei que podería chegar. Por cousas da vida, vímonos na obriga de separarnos. Ti voltaches coa túa familia ao Brasil, e Salvador de Bahía. A presión social e as dificultades de adaptación non foron quen de superar este meu amor infindo por ti.

Sabes, e cada día comprobas, que es o máis importante na miña vida e que o meu corazón queda roto en mil anacos, pero, ao mesmo tempo compréndote. Comprendo os motivos porque te quero máis do que nunca poderei expresar con palabras.

A xente dicía que non existe o amor a primeira vista, pero eu lémbrome que iso foi exactamente o que sentín. Estaba cunhas amigas no bar Galicia (ironías da vida) en Salvador, alí no Pelourinho. Ti deixaches que me sentara na túa mesa sen coñecerme. Foi mirarte e ? buff? una corrente percorreu o meu corpo de pes a cabeza. Falámolo mil veces despois, foi incrible e ao mesmo tempo inexplicable. Xa me cambiouu a cara, con só aquela ollada quedara descolocada. Be sei que ti sentiches o mesmo!

Ata o día de hoxe, con moitos atrancos vivimos una bonita historia de amor, a pesares dos prexuízos, de diferentes idiomas, de diferentes cores? A familia apoiounos e iso foi importante para os dous. Miña nai sempre o dixo, as persoas hai que velas por dentro, non só por fora. E ti, Edgar, es o home más cariñoso do mundo. Sempre ese sorriso, esa positividade, esas bonitas palabras ao erguernos xuntiños de mañá.

Con quen darei agora eses enormes paseos pola beira do mar ata Liméns? Aquelas caminatas por Donón que remataban mirando acurrucados a posta de sol na caracola! Quen me dará esas apertas estruchadas que me deixaban sen alento? E esas horas que pasabamos separados nos nosos traballos? que eternas!!!

Comer era un ritual contigo ao lado, feixoadas, empanadas, peixes? una mestura galego-brasileira cociñada ao lume lento do amor. Dese amor que agora emigrou. Cruzou o océano, por que?

Que duro se me fai só pensalo! Sei que ti prediciches esta situación, avisaches: "Vou ir para a Galiza mas sem a mina familia non vou ser ninguém! E así foi. Murchaches paseniñamente e tomaches a dura decisión de voltar. Teu pai, xa algo maior, condicionoute. Ai, que dor tan forte sinto! Que opresión no peito!

Pero xa cho dixen, só me queda comprenderte e tentar tomar a decisión exacta. A que me leve cara a felicidade ao teu carón. Si, decidido, iréi vivir alí. Agora o sacrificio e a adaptación serán meus.

Debo arranxar uns asuntos e en dous meses voltarei darche bicos eternos, apertas que te derretan.. Sen amor e, Edgar, sen ti, non son nada! O meu reloxo corre cara atrás desde hoxe, desexando que o tempo voe. Quérote agora e sempre.

"Meu amor"

Envíoche esta carta que só ti entenderás? unha carta de soños compartidos ainda estando lonxe o un do outro. Envíocha para sentirnos máis preto como se neste mundo só estivésemos nós.

Cando te coñecín souben que serían ti quen enchería a miña vida, os mesus días, os meus meses e os meus anos.

Fai uns meses para aquí nos que xa nada é igual, boto moito de menos os días xuntos coas tonterías que tanto me fan rir.

Dende que me fun xa non hai sorriso nos meus beizos, todo é máis difícil.

Recordo cada día que estabas comigo, esas tardes na praia vendo o solpor, collidos da man, neses intres que só existiamos ti máis eu.

Íamos á praia tódolos días coas nosas familias. Foron as mellores vacacións porque paseinas ao teu carón. O día qeu marchei de xunto túa non podía parar de chorar, non me imaxinaba non poder estar o resto do ano sen meu amor.

Moitos dirán que o noso amor non durará pola distancia, pero demostrarémoslles todo o contrario, nós podemos con todo.

Hai unha frase que cha quero adicar, é esta: "Ti es o máis lindo que me pasou na vida, es tan incrible que ás veces penso que todo é un soño".

Amor se sentes que as palabras que che envío entre as cartas e mensaxes non foron todas as que teu corazón necesitaba, respira e sente o cheiro da herba, o sabor salgado do mar, e todo o fermoso que hai onde ti vaias... pois, meu amor, sentirasme aí, pois eu sempre estou contigo. Fun a cada sitio que pisas depositando meu amor nunha caixa que só ti podes abrir, pois es ti quen ten as chaves e coñeces a clave do meu corazón.

Meu amor non nos atopamos na mellor situación para desfrutar do noso. É tan difícil evitar a decepción de que non espertes cada mañá ao meu carón!! A pesar da distancia nótote próximo, iso consígoo porque manteño na miña mente o cheiro do teu cabelo, o tacto da túa pel e os bicos neses beizos tan fermosos que tes.

No momento en que apareciches encheches a miña vida de alegría, de ilusión e de sorrisos. Pero sobre todo enchéchela de futuro. Porque foi pensando en ti cando comecei a organizar os meus días, foi pensando en ti cando atopei a enerxía que necesitaba para superar novos retos.

Grazas por terme ensinado a cara positiva do amor, onde o mellor da vida é estar o lado desa persoa especial, a pesar de que estás lonxe, sen importar as condicións, tan só disfrutar da mutua compaixón. Quérote coa miña alma.

Raquel.

(P.D. Volve xa, bótote moito de menos).