O galego como estratexia de goberno

Santos anima a consumir no comercio local e produtos con etiqueta no idioma propio

14.02.2016 | 03:08
Un contacontos en galego para nenos en Moaña. // G. Núñez

A alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, non quixo desaproveitar o entroido para dar unha mostra máis do compromiso que mantén o goberno bipartito que preside co idioma propio de Galicia. Moaña sumouse ao entroido dun xeito particular este ano, cun curioso bando no que se define a Moaña como "Terra de Entroido" e se chama ao consumo de produtos locais, en comercios de proximidade e apostando polos produtos "etiquetados en galego".

O bando da Alcaldía partiu, como sinala a propia rexedora, dunha petición da Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros, e se publicou antes do entroido por ser unha festa na que os moañeses "damos boa conta de xantares, bebidas e lambonadas, pois sempre fomos xente de bo comer e de boa compañía".

Xunto a esta defensa da gastronomía antroideira a alcaldesa pediu aos veciños que aproveitasen para "consumir produtos locais, porque estaremos a animar á economía máis próxima e axudando á viabilidade do noso sector pesqueiro e explotacións agroalimentarias: Estaremos xerando riqueza de país", conclúe.

Engade ademais, a importancia de "mercar produtos etiquetados en galego" para ser "solidarios" cos empresarios que "xuntan calidade con autoestima na defensa e promoción dese patrimonio que herdamos: a nos lingua".

Santos asegurou a FARO que con este tipo de bandos o Concello moañés quere animar aos veciños a que exerzan a súa forza como consumidores con capacidade de decisión.

O actual goberno moañés sumou a este concello recentemente á Rede Apego, para entregar recursos en galego aos pais con nenos pequenos. Nos orzamentos municipais a inversión na dinamización do idioma multiplicouse por 4. Ata o de agora se destinaba unha partida anual de apenas 3.000 euros.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine