As quintas dos anos 1960 e 1961 queren celebrar o Entroido arredor dunha mesa, e con ese fin organizan un xantar que terá lugar o vindeiro sábado, 7 de febreiro, ás dúas da tarde no restaurante O Pereiro, de O Hío. O menú inclúe entremeses, marisco (bruño e ameixas), peixe (merluza), carne (cordeiro ao forno), viños e postres. A comida estará amenizada por un conxunto musical e o prezo é de 35 euros por persoa (70 euros parella). Cada quinto pode convidar ata dúas parellas, e e data límite para pagar na conta habilitada en Abanca é o 3 de febreiro. Información nos teléfonos 625563123, 660102297 e 635828401.