A xira "Mandala Tour 2016" de Carlos López Group recala mañá a mediodía no ciclo LenteJazz de música ao ar que organiza o bar O Rincón, de Cangas. O grupo está integrado por Carlos López (batería), Joel Illerhag (contrabaixo), Xavi Torres (piano), Virxilio Da Silva (guitarra) e Sanne Huilbreghts (voz). "Mandala", o novo disco de Carlos López Group, o quinto como líder na carreira do baterista e compositor galego, conta coa colaboración de 11 destacados músicos. As composicións expresan unha clara deriva cara á tradición do jazz europeo e mesmo do freejazz cultivado no vello continente.