A parroquia canguesa de Aldán celebra mañá a festividade de San Sebastián e abre o calendario de 2016 das danzas ancestrais de Cangas, declaradas todas Festa de Interese Turístico. A programación inclúe a celebración da misa ás 12.30 horas na igrexa de San Cibrán e a continuación terá a lugar a procesión e danza. En primeiro lugar fanse un par de movementos, logo dánzase ao redor do santo mentras dura a procesión e ata que a imaxe de San Sebastián entra de novo no templo. Todo este traxecto soe durar entre uns 45 minutos e unha hora, aproximadamente.

Pola tarde a danza e contradanza repítense ás 17.00 horas no Torreiro de Aldán e ás 18.00 horas na Alameda de Aldán.