Actualidade do cultivo (II)

07.01.2016 | 04:11

No ano 2013 o Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR-Vigo) puxo en marcha o proxecto Oysterecover para a recuperación da produción da ostra plana europea. Os obxectivos deste proxecto pretenden establecer as bases científicas e os estándares e protocolos técnicos para a recuperación da produción da ostra europea (Ostrea edulis) mediante estratexias para abordar as suas principais enfermidades causadas pola Marteilia refrigens e Bonamia ostreae ou bonamiosis que reduciron drasticamente a sua produción. Como se considerase que a sua recuperación podería representar unha gran oportunidade para a industria marisqueira de Europa, cinco asociacións de produtores de catro países e tres Pemes con gran produción de ostra europea, decidiron traballar xuntos neste obxectivo común. A día de hoxe ainda non temos noticia dos resultados para combater a bonamiosis e só sabemos da preferencia polo cultivo da ostra rizada (Crassostrea gigas, xaponesa), especie que se ben se considera mais resistente, rendíbel e produtiva que a ostra plana europea, tamén é a máis comercializada e por iso menos competitiva. Por estes problemas, como xa dixemos, a Consellería de Mar decidira impedirlle aos ostreiros a compaxinación ou o paso a outros cultivos ante a caída do mercado da ostra en Europa. ante isto outras plantas de produción ostreira como as ubicadas na ria do Eo ou no Grove, abriron mercados por internet hai uns anos, exportando varias toneladas delas a Hong Kong a onde chegan tamén por via aérea os chuletóns de boi galego. Nesta situación, a consellería prometyera abrirlle portas legais ao que lle chaman Acuicultura multitrófica integrada, que sona a eufemismo, cando é máis fácil definilo como un menos sospeitoso e simple multicultivo. E así, mentres na ria de Vigo se reconverte o sector ostrícola, unha nova Lei de Acuicultura xa trae en vilo aos produtores galegos que temen a competencia multinacional e a privatización do mar.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine