A nonaxenaria María González Camaño recibe hoxe un recoñecemento a unha vida adicada aos máis necesitados que organiza a asociación San Vicente Paúl e se unen Cáritas e Santiago Apóstol (comedor social). Ao mediodía asistirán á misa na excolexiata e logo máis de 60 persoas compartirán comida no hotel Las Vegas. A homenaxeada será nomeada presidenta de honra de San Vicente Paúl e recibirá unha placa e agasallos conmemorativos.